O pasado día 27 de novembro, o alumnado da Escola de Bértola acudiu á escola de Paredes para preparar a súa panxoliña para o festival de Nadal.
A panxoliña orixinal chámase “El árbol de los besos” pero nós decidimos facelo en galego: “A árbore dos bicos”. O profe Luis separou a letra da musica coa IA que aprendeulle Belén na formación de Radio coa axuda da profe Alba, e precisábamos gravar a canción, así que fixemos unha CRAvivencia en Paredes para gravar! Alí o profe Borja, encargado da radio dirixiu a gravación.
Queredes escoitala?











No hay comentarios:
Publicar un comentario